Image]
| Textos | Crítica | Debates | Informes | Cantigas de Amigo | Enviar Correo
|
Arte, Nacionalismo e Vangardas, lectura do libro Manuel
Antonio e as vangardas de Xosé Ramón Pena Sánchez, Ed.
Sotelo Blanco, Compostela, 1996.
por Begoña Eguizábal Gándara
Cando en 1935, cinco anos despois da morte de Manuel
Antonio e sete da de Amado Carballo, Augusto María Casas
escribía "A poesía galega do noso tempo, principalmente a
chamada poesía nova, meresce un estudo fondo e serio" non
se imaxinaba a de anos que terían que pasar para ver
atendido o seu lóxico desexo. Continuaba o crítico dicindo
"Xa ten a nosa lírica, nas derradeiras xenerazós de poetas,
unha cabal amplitude, un ámbito de ciclo que esixe de nós
unha preocupación crítica para acadar isas fórmulas arcanas
que dan caráiter a cada época".
En 1996, despois de numerosos estudios e interesantes
edicións sobre autores concretos e parciais intentos de
teorización en revistas e xornais, aparece da man de Xosé
Ramón Pena o volume Manuel Antonio e a vangarda, que supón,
tal como indica o seu título, unha aproximación á obra
manuelantoniana e á literatura galega da época atendendo,
especialmente, ás circunstancias sociopolíticas,
socioculturais e sociolingüísticas concretas nas que se
orixina e se desenvolve, e ás aportacións teóricas e
líricas da súa particularísima poética. Moitas páxinas se
teñen escrito sobre este fenómeno, abundantes e dispares
opinións suscitou esta particular parcela da arte galega.
Recordemos, como mostra, o xuízo manifestado por Xesús
González Gómez no seu estudio Manifestos das vangardas
europeas (1995), no que declaraba "Non existiu vangarda na
Galicia, nin poética nin pictórica. Existiu renovamento,
renovación; renovación que esixía a incorporación de
elementos, de signos vangardistas, pero que nunca podía dar
froitos vangardistas"
Lonxe da anterior afirmación, o presente traballo parte da
premisa da efectiva presencia dun movemento vangardista en
Galicia, estética que estaría ...
|
|
|
|
|
|
|
|
|