Title: O HOME DE FERRO

Author:GRIMM BRÜDER
Subject:FICTION
Source:
Download book:
Words Statistic:words statics
 

Number of words for page:
Xacob e Wilhelm Grimm

O home de ferro


Unha vez vivía un rei nun pazo situado á beira dun grande bosque no que había toda caste de bestas. Un día, enviou este rei un cazador ó bosque para que cazase un cervo, pero o home non regresou máis. O rei pensou: " Quizais lle pasou algo". Así que, o día seguinte, enviou outros dous cazadores a buscalo. Pero tamén estes desapareceron. Así, o terceiro día, reuniu a tódolos cazadores e díxolles:

—Rastrexade tódolos currunchos do bosque e non volvades ata que encontréde-los tres.

E tampouco regresou nin un destes cazadores á casa, nin volveu ver ninguén os cans que levaban. Dende ese momento, xa ninguén se atreveu a ir a este bosque; e daquela, reinou alí gran calma e soidade, vendo só que pasaban esporadicamente cara ó sitio algunha aguia ou algún azor.

E así foi durante moitos anos, ata que chegou un cazador de fóra que se presentou ante o rei a pedir mantenza e ofreceuse para ir ó perigoso bosque. O rei non quería da-lo seu consentimento, e dixo:

—O bosque non é seguro. Temo que che suceda o mesmo cós outros e que non regreses xamais.

—Señor, atrévome a corre-lo risco, pois que eu non coñezo o medo –retrucou o cazador.

E así penetrou no bosque co seu can, o que axiña deu cunhas pegadas de animal salvaxe e comezou a seguilas. Pero, aínda ben non andara uns metros cando deu cun profundo pantano no que se perdían as pegadas. De pronto, emerxeu da auga un brazo nu, colleuno e levouno ás profundidades. O cazador, que observara todo atentamente, regresou ó pazo e volveu con tres homes, e, entre todos, baleiraron a auga do estanque utilizando caldeiros. Cando albiscaron o chan, viron un home de ...
Page: 1
 

Others Books from the author..

Help

  • Select one or more words an get availables translation in Logos Dictionary.
  • Set the number of words for each page an refresh the content.
  • Go to begin of the document
  • Go to previous page
  • Go to next page
  • Go to the end of document
  • Libri.it

    ARCHITETTURA IN 30 SECONDI100 E UN CONSIGLIO PER LA FOTOGRAFIA DIGITALE IN BIANCO E NEROTHE SILVER AGE OF DC COMICSMICHAEL FREEMAN PHOTOSCHOOL BIANCO E NERO
  • Illustrati

    Sfoglia riviste di Illustrati
  • Libri.it